venres, 20 de setembro de 2013

A miña música preferida

Preferentemente gústanme o rock e o pop. Destes estilos destacan grupos tanto en inglés, como en castelán, como en galego.
  • En inglés sento predilección sobre todo por grupos como Red Hot Chili Peppers, Guns N' Roses e Nirvana. Estes grupos practican unha música principalmente rock, e teñen moi boas cancións, como Californication dos Red Hot Chili Peppers, Sweet Chil O'Mine de Guns N' Roses, ou Smells Teen Like Spirit de Nirvana.
  • En castelán gústanme moitos grupos, pero principalmente Pereza, con cancións tan míticas como Todo ou Princesas. El Canto del Loco, Estopa ou Melendi, pero estes sobre todo pola música que practicaban fai uns anos. Fito y Fitipaldis, Despistaos e Leiva(este era o cantante de Pereza, pero agora traballa en solitario).
  • En galego hai de por si menos grupos, pero con moita calidade. É o caso de Heredeiros da Crus, que volveron a publicar un disco no veran do 2013 despois de desfacerse como grupo no 2005. Ademais deste grupo, adoro as cancións que aparecían no Xabarin Club, de grupos variados de toda Galicia e de moitos estilos musicais, como O Caiman do Rio Tea, de Ponteareas, Os Diplomaticos de Monte-Alto,...